Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moitos turistas acoden a Buño na busca das súas pezas de olería artesanal

Moitos turistas acoden a Buño na busca das súas pezas de olería artesanal

A olería de Buño ofrécelles aos clientes unha gran variedade de produtos artesanais

Nos últimos meses, aos seus clientes habituais, súmanse os turistas que visitan a Costa da Morte

O sábado que vén, a Asociación de Oleiros de Buño vai recuperar a cocedura tradicional no Forno do Forte

G24.gal 01/09/2025 14:25

Desde as pezas máis clásicas, ata os deseños innovadores. A olería de Buño ofrécelles aos clientes unha gran variedade de produtos artesanais.

"Na tenda, o que máis vendemos son as viradeiras, para darlle a volta a tortilla, despois os porróns... Tanto pezas tradicionais como decorativas. Vaise vendendo de todo", conta Beatriz Faya, de Alfarería Faya.

Venden de todo a xente de distintas procedencias. Nos últimos meses, aos seus clientes habituais, súmanse os turistas que visitan a Costa da Morte. 

"Este verán está indo moi ben. Durante a Mostra houbo unha morea de xente. Agora calmouse un pouquiño. Vendeuse moi ben. Houbo moita xente. Eu creo que, en xeral, estamos todos moi contentos, os vendedores e os oleiros".

Parte do éxito da olería de Buño está na súa capacidade de adaptación. Con séculos de vida, conserva a súa esencia, pero tamén engade novos deseños para buscar outros mercados. "O tradicional de Buño son as pezas de cor marrón. Son pezas útiles, cousas que se utilizaban: potas, xerras, porróns... Cousas prácticas. Nas pezas modernas xa é todo máis ben decorativo".

O sábado que vén, a asociación de oleiros de Buño vai recuperar a cocedura tradicional no Forno do Forte, despois de cinco anos sen celebrala. A cita ábrese a todos os ceramistas interesados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade