Fran Millán, artesán da madeira de bateas
Fran Millán recolle a madeira das bateas tras 25 anos no mar e dálle nova vida
Investiga e fai evolucionar a madeira ata facer pezas únicas de artesanía
Premio Artesanía de Galicia, fai obras de autor que contan historias de mariñeiros
Fran Millán é o artesán que nos recibe no seu obradoiro de Ribeira, na sección Portas Abertas, onde nos amosa os procesos artesanais que realiza dende a recollida da madeira das bateas ata transformala en pezas de autor, dándolles unha nova vida. A madeira de batea está tratada como un ser xenético, mide o seu temperamento e fortaleza para non perder a súa identidade porque se fai un rexistro co ano de recollida e a zona.
Cada peza asina un compromiso con valores éticos e sostibles, falan de historias onde os mariñeiros arriscan a súa vida e a madeira vólvese forte cando chegan as correntes e as treboadas.