Publicador de contidos

Publicador de contidos

Barricadas en Cádiz na sétima xornada da folga do metal

Barricadas en Cádiz na sétima xornada da folga do metal

Cortes de tráfico e unha marcha pacífica polo centro de Cádiz

Esta tarde volven reunirse sindicatos e empresarios 

G24.gal 22/11/2021 13:06

En Cádiz, volveron repetirse as barricadas e manifestacións na sétima xornada da folga do sector do metal.

Os piquetes cortaron o tráfico nos principais nodos industriais da provincia. E nun deses puntos faleceu un traballador, do porto de Alxeciras, ao chocar a súa moto contra un camión que estaba parado.

Houbo tamén unha manifestación pacífica polas rúas de Cádiz, con moitas mostras de apoio dos veciños aos manifestantes.

Esta tarde hai unha nova reunión entre os sindicatos e os empresarios para tentar buscar un acordo salarial que poña fin á folga indefinida. Os traballadores reclaman unha suba dos soldos acorde ao IPC. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade