Publicador de contidos

Publicador de contidos

Misión case imposible para un Baxi que ten que remontar 28 puntos ante o Perfumerías

Misión case imposible para un Baxi que ten que remontar 28 puntos ante o Perfumerías

Lino López: "Obviamente, é complicado, sobre todo contra un rival como o Perfumerías Avenida, pero non teño dúbida de que as xogadoras darán o máximo"

Foto Baxi Ferrol
G24.gal 20/01/2026 12:25 Última actualización 20/01/2026 12:33

O Baxi de Ferrol ten unha misión case imposible na Eurocup. Ten que remontar os 28 puntos que cederon no Pavillón de Würzburg-Silvia Domínguez ante o Perfumerías Avenida (86-58). Lino López, con todo, non tira a toalla.

"Si, ao final, no deporte, vimos de todo. Obviamente é complicado, sobre todo contra un rival como o Perfumerías Avenida, pero non teño dúbida de que as xogadoras darán o máximo"

No encontro de ida, as pupilas de Anna Montañana completaron os seus mellores 40 minutos en global desde o inicio de tempada Para o partido na Malata, Montañana terá á súa disposición a todas as súas xogadoras coa gran dubida unha vez máis de Regan Magarity, que parece volverá ver ás súas compañeiras desde a barreira aínda que a súa estrea parece máis próxima.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade