Publicador de contidos

Publicador de contidos

Minuto de silencio e declaración institucional no Concello de Marín polo naufraxio

Minuto de silencio e declaración institucional no Concello de Marín polo naufraxio

O consistorio amosa o seu apoio e solidaridade ás vítimas e os seus familiares 

Seis mariñeiros están ligados estreitamente a esta vila mariñeira

G24.gal 16/02/2022 21:06

Na tarde do mércores tivo lugar un minuto de silencio tamén no concello de Marín en memoria das vítimas, polo menos seis mariñeiros están moi ligados a esta vila mariñeira.

Neste pleno extraordinario tamén se aprobou unha declaración institucional dos grupos da corporación municipal, con motivo do naufraxio do Villa de Pitanxo, que ten a armadora nesta localidade pontevedresa.

O consistorio amosa deste xeito o seu apoio e solidariedade ás vítimas e os seus familiares que viven momentos moi duros. Marín é hoxe unha localidade especialmente consternada por unha nova traxedia que acontece nese mar tan ligado á nosa terra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade