Cargando resultados...
Millene, gol e lesión no empate (1-1) do Deportivo Abanca diante do Tenerife
O cadro coruñés adiantouse no primeiro tempo pero non puido manter a vantaxe diante dun rival da zona alta na Liga Feminina
G24.gal
11/01/2026 14:02
O Deportivo Abanca sacou un empate diante do Tenerife e pode perder á súa goleadora Millene que tivo que ser retirada en padiola. A brasileira marcara un pouco antes o gol que adiantara o cadro galego nunha xogada na que se asociou con Ainhoa Marín.
O Tenerife, que comezaba a xornada no sexto posto, presionou no segundo tempo e acabou rabuñando un empate grazas a un remate de Clau Blanco. A igualada permítelle ao Deportivo Abanca aumentar a vantaxe co descenso ata os oito puntos.