Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de persoas reclaman na Gudiña as paradas do AVE suprimidas en xuño

Milleiros de persoas reclaman na Gudiña as paradas do AVE suprimidas en xuño

A plataforma cidadá Dereito ao tren asegura que a eliminación de frecuencias deixa incomunicada esta zona

G24.gal 02/08/2025 22:31 Última actualización 02/08/2025 22:49

Manifestación na Gudiña para reclamar que se restablezan as paradas da liña do AVE que o Ministerio de Transporte suprimiu o pasado 9 de xuño. Din que agora as comarcas do oriente ourensán quedan sen poder viaxar a Madrid. 

Unha manifestación, organizada pola plataforma cidadá Dereito ao trenna que participaron varios milleiros de persoas das zonas afectadas. Aseguran que a supresión de frecuencias os deixa incomunicados.

Na concentración participaron representantes do BNG, do PSdeG e do PP. A plataforma leva recollidas máis de 10.000 sinaturas e a dirección asegura que non será a última acción de protesta. Aseguran que chegarán ata Europa para reclamar un servizo vital para varias comarcas de Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade