Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de persoas maniféstanse en Vigo en prol da sanidade pública

Milleiros de persoas maniféstanse en Vigo en prol da sanidade pública

Saíron á rúa para demandar que se reforce a Atención Primaria con máis recursos e profesionais 

G24.gal 12/05/2022 21:38

Esta tarde celebrouse en Vigo unha manifestación en defensa da sanidade pública. Centos de persoas saíron á rúa para demandar que se reforce a Atención Primaria con máis recursos e profesionais.

Na marcha, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, estiveron presentes o secretario xeral dos socialistas galegos e representantes do BNG.

“A situación é dunha gravidade suficiente para que haxa que tomar medidas. Agora está en risco o futuro da sanidade pública e tamén a calidade da asistencia que estamos prestando, por iso dicimos que temos que salvar a atención primaria, porque a situación de crise chega a puntos irreversibles”, dixo Manuel González Moreira, portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública, de Vigo.

Queren medidas estruturais para que poida realizarse unha contratación digna do persoal que permita ofrecer unha asistencia sanitaria de calidade, a contratación de máis traballadores e rematar coa precariedade laboral. Todo isto quedou exposto nun manifesto final con que pretenden presionar o Goberno galego.

Baixo o lema "Salvemos a Atención Primaria. Recuperemos a Sanidade Pública", os manifestantes partiron ás oito da tarde do PAC de Vigo, descenderon pola Gran Vía e Colón tras multitude de pancartas que amosaban que moitos viñan do Val Miñor, As Neves, Mondariz, Covelo ou Cangas para facer as reivindicacións sanitarias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade