Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mesturan aceite de oliva co de xirasol para rebaixar o prezo

Mesturan aceite de oliva co de xirasol para rebaixar o prezo

UPA Andalucía denuncia a introdución dun produto que mestura aceite de oliva e de xirasol para abaratar custos

En España está prohibido, pero non noutros países, e fan a mestura fóra e despois volven introducir o aceite

G24.gal 26/04/2023 14:30

O aceite de oliva é un dos alimentos que máis se encareceu con respecto ao ano pasado. Por ese motivo, algunhas envasadoras optan por crear un novo produto máis económico para os consumidores: a mestura de aceite de xirasol e o de oliva.

No etiquetado si figura que se trata dunha mestura pero coa letra pequena por iso segundo sinala a Unión de Pequenos Agricultores (UPA), "a práctica de mesturar aceites elaborados con distintas materias primas está prohibido en España pola norma de calidade do aceite".

Esta práctica en España está prohibida pero non noutros países. Así que fan a mestura fóra e despois volven introducir ese aceite en España.

Din os agricultores que así deterioran a imaxe do aceite de oliva, que o cliente consone un produto que para nada ten as propiedades do orixinal. Piden máis controis.

Fano para aforrar abaratando un produto que está polas nubes. No último ano o aceite de oliva encareceu un 30 por cento. O de xirasol é un 65 por cento máis barato.

En Galicia moitos produtores venden as olivas amparadas cun selo de calidade e orixe para evitar as fraudes e solicitan a creación dunha denominación de orixe do aceite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade