Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mercado solidario de Nadal en Ourense

Mercado solidario de Nadal en Ourense

Os usuarios de Aspanas expoñen os seus produtos nun céntrico local da zona vella de Ourense, cedido polo bispado ata o venres 25 de novembro

Tamén hai talleres nos que nos amosan como traballan

G24.gal 22/11/2022 13:55

Un céntrico local da zona vella de Ourense, cedido polo bispado, convértese este Nadal no escaparate de Aspanas. O seu mercado comparte espazo co taller, onde os usuarios nos amosan como traballan. As piñatas son unha das súas especialidades.

"Póñenselle as bólas por aquí, móntase e, despois, lévase a unha tenda de chuminadas para que lle metan os caramelos", explica Juan Manuel, un dos usuarios. "Facemos piñatas de Nadal, con renos, tamén temos do Real Madrid, do Barça, do Real Sociedade...", engade Jesús, outro dos usuarios.

Os prezos oscilan desde os dous euros dun adorno para a árbore, ata 10, que custan as piñatas ou estes centros de mesa con candea incluída. Prezos accesibles, alleos á inflación, porque non é o interese económico o que move o proxecto.

Belén González, coordinadora do centro ocupacional de Aspanas: "Os centros normalmente están afastados da cidade, non estamos tan metidos na comunidade como nos gustaría, así que facemos este tipo de actividades para que a sociedade saiba realmente o que fan estes rapaces".

Para eles tamén supón unha motivación. Os talleres van rotando e cada día amósannos unha habilidade diferente. 

"Facemos bólas, recordos para vender, camisetas, pulseiras, cadros..." "E cousas de Nadal tamén, mira. Pódeno vir comprar que non é caro, dez euros", relatan.

150 usuarios

O centro ocupacional de Aspanas atende actualmente unhas 150 persoas, maiores de 18 anos, de toda a provincia de Ourense. O seu obxectivo é mellorarlles a calidade de vida, a eles e ás súas familias.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade