Menús a domiclio adaptados para as persoas maiores que viven soas
Fan comidas sen sal, baixas en graxa e todo o que lle piden
Nun restaurante de Ourense, ante o aumento do número de persoas maiores que viven soas, decidiron dirixir o seu servizo cara a elas. Elaboran menús adaptados, baixos en graxa e en sal, e, se por problemas de mobilidade non poden ir buscalos, lévanllelos á casa e fanlle algo de compaña.
A nai e o pai de Laura son moi maiores, non poden cociñar, e a ela non lle dá a vida. Todos os días lles leva á casa a comida feita ao seu gusto neste restaurante de Ourense do barrio do Couto. A principios de semana a xerente de establecemento e tamén cociñeira xa manda á súa clientela a previsión de menú que os comensais acaban de deseñar ao seu gusto. Se non poden vir recollelo, lévanllelo á casa.
Dous empregados adáptanse ás necesidades dos maiores e danlles conversa... Case un servizo social que ela mesma fai a diario con dúas clientas que viven soas para facerlles por un pouco compaña.