Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medran os usos e a aceptación do bitcoin en Galicia

Medran os usos e a aceptación do bitcoin en Galicia

Os usos principais seguen a ser para investimento ou enviar cartos ao estranxeiro, pero aumenta a súa utilización como medio de pago en comercios ou servizos profesionais

David Fernández 23/11/2021 14:08

Cada día máis e máis galegos utilizan as criptomoedas nas súas vidas cotiás. Sobre todo, por suposto, a máis famosa delas, o bitcoin. Pero malia o seu crecemento, aínda estamos lonxe de lugares como Madrid ou moito máis aínda dos Estados Unidos ou Alemaña.

O bitcoin segue o seu imparable ascenso e gañando adeptos pouco a pouco en Galicia nos sectores máis variados. Avogados que aceptan pagos en criptomoedas, restaurantes ou pequenos locais coma unha bocatería propiedade dun venezolano e pioneira na Coruña.

Ademais de como medio de pago, que esta custando un pouco máis, o bitcoin úsase sobre todo en España como xeito de investimento ou para enviar cartos ao estranxeiro.

En xeral, polo momento segue a ser un uso, podería dicirse, minoritario, pero que podería multiplicarse rapidamente como de feito sucedeu en varios países do noso contorno.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar