Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medio Rural desprega unha rede de trampas xeolocalizadas para velutinas

Medio Rural desprega unha rede de trampas xeolocalizadas para velutinas

Son selectivas para evitar que caian nelas os insectos que son importantes para o ecosistema

Están destinadas a capturar as avespas velutinas raíñas, que nesta época están a construír os niños primarios

G24.gal 02/04/2024 14:26

O ano pasado retiráronse en Galicia máis de 30.000 niños de velutina. Aproveitando os datos da xeolocalización deses avespeiros empréndese hoxe un proxecto para despregar en todo o territorio unha rede de trampas para as avespas raíñas. Xusto nesta época do ano comezan a construír os niños primarios.

As trampas para evitar que os niños proliferen van xeolocalizadas, en coordenadas que teñen en conta os lugares en que o ano pasado se retiraron os avespeiros desta especie invasora. É un método co que pretenden avanzar no control desta praga.

 "É importante de cara a anos posteriores ter esa información: o reconto das avespas que caeron nestas trampas, ver a distancia aos niños que retiramos o ano pasado e que tamén temos xeolocalizados... Así pretendemos avanzar nunha estratexia a medio prazo para controlar esta praga, seguindo estritamente criterios técnicos e científicos", explicou Xosé González, o Conselleiro do Medio Rural.

As trampas deben evitar capturar especies que son importantes para o ecosistema, por iso non recomendan as caseiras. Levan un atraente feito con arando, azucre e lévedo. E tamén ramplas para que poidan saír os outros insectos.

Os operarios de SEAGA e tamén membros do Servizo de Prevención de Incendios e dos concellos recibirán formación especifica para despregar as trampas facer despois o seguimento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade