Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medio cento de aloitadores participan no segundo curro da Rapa de Sabucedo

Medio cento de aloitadores participan no segundo curro da Rapa de Sabucedo

A festa, declarada de Interese Turístico Internacional, celébrase dende o século XVI

G24.gal 03/07/2022 16:43

A chuvia avivou o espectáculo da Rapa das Bestas de Sabucedo, no concello da Estrada, que este domingo volveu atraer centos de visitantes e medios de comunicación.

Medio cento de aloitadores inmobilizaron os cabalos, para cortarlles a crina, coa única ferramenta válida nesta celebración ancestral: o corpo a corpo.

O seu traballo baséase nun estrito código de acción que se foi transmitindo de xeración en xeración: dous agarran a cabeza e un a cola, nunha singular e nobre loita co animal.

Este luns ás doce do mediodía, clausúrase a edición deste ano co terceiro curro. Declarada de Interese Turístico Internacional no ano 2007, a festa celébrase dende o século XVI. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade