Prisión provisional sen fianza para cinco dos oito detidos en Ribadavia
Todos están investigados por un delito contra a saúde pública e pertenza a grupo criminal

A maxistrada do Xulgado de Instrución de Ribadavia decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, de cinco dos oito detidos que pasaron a disposición xudicial.
Os tres que o fixeron por videoconferencia desde dependencias xudiciais de Martorell foron postos en liberdade e, como medidas, a xuíza impúxolles a obrigación de comparecer semanalmente no xulgado, a retirada do pasaporte e a prohibición de abandonar o territorio nacional.
Todos están investigados por un delito contra a saúde pública e pertenza a grupo criminal. Un dos arrestados tamén está investigado por delitos de roubo, contra a seguridade viaria, desobediencia á autoridade e tenencia ilícita de armas.