O patrimonio oral que atesouran as últimas cantareiras da seitura
Mulleres da zona de Trives e Manzaneda que lembran os cánticos cos que se amenizada este traballo tradicional do campo galego
Trátase de composicións, con raíces medievais, que cantaban empregando só a voz, sen acampañamento rítmico
Comezou a axudar na seitura e outros traballos ligados ao agro sendo ben pequena. Foi entón cando Blandina aprendeu da súa nai os cantos que hoxe reproduce.
Comezaban os dunha leira e replicaban os da outra, lembra. Composicións sobre temáticas variadas, dende romances ata crimes reais pasando polo ciclo do pan ou as ferramentas que se empregaban, como o propio fouciño.
O Director da Real Banda de Gaitas de Ourense, Xosé Lois Foxo, autor do Cancioneiro da Seitura de Manzaneda e Terras de Trives, destaca a importancia do patrimonio oral que se conversou nesta zona.
"Cánticos moi cultos, clásicos, difíciles de cantar, afirma, que non admiten acompañamento rítmico".
A súa orixe, di, está na Idade Media, nos antigos trobadores e proba diso, sostén Foxo, é que un dos cantos típicos da seitura en Manzaneda é o Gerineldo, un romance medieval.