Publicador de contidos

Publicador de contidos

Que facer para previr accidentes nas piscinas particulares

Que facer para previr accidentes nas piscinas particulares

Cando hai nenos, cómpre instalar barreiras e pechar a porta cando non se usa a piscina

Durante o baño, a regra de ouro é a supervisión constante

G24.gal 14/07/2026 14:24

O feito de ter a piscina na casa dá unha falsa sensación de seguridade, pero o perigo está aí. Cando hai nenos, cómpre instalar barreiras e pechar a porta cando non se usa a piscina. Durante o baño, a regra de ouro é a supervisión constante.

"Os menores sempre hai que telos vixiados e practicamente a unha distancia dun brazo. Normalmente os despistes teñen que ver moito cos xoguetes. Os menores queren ir a collelos, ás veces sen saber nadar, e cando intentan collelos, vanse abaixo", advirte Marcos Araújo, xerente da Axencia Galega de Emerxencias.  

Hai que ter coidado cos flotadores. Son elementos de axuda, non de seguridade real... E o perigo non é só para os que non saben nadar."Nadar tampouco exime de que teñamos que ter os menores vixiados. Aínda que saiban nadar, un golpe mal dado, unha caída ou tirarse onde non hai profundidade pode xerar un problema grave"

Moita atención tamén nas piscinas pequenas."Parece que esas piscinas, como non teñen moita profundidade, son máis seguras. Pero un neno que se quede boca abaixo e non teña principios de flotabilidade pode afogar en 50 centímetros de auga"

É fundamental non baixar a garda, porque a mellor barreira contra os accidentes é a precaución.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos