Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un mozo tras recibir unha descarga eléctrica ao saír dunha piscina en Sevilla

Morre un mozo tras recibir unha descarga eléctrica ao saír dunha piscina en Sevilla

Os feitos producíronse cando o mozo, ao saír da piscina, "tocou un electrodoméstico ou directamente o enchufe e recibiu unha descarga eléctrica"

Bandeiras ondean a media hasta no Concello de Gelves, Sevilla. EFE/David Arjona.
G24.gal 07/06/2026 11:44

Un mozo de 17 anos faleceu tras recibir unha descarga eléctrica ao saír dunha piscina na localidade sevillana de Gelves.

Os feitos producíronse este sábado pola tarde cando o mozo, ao saír da piscina, "tocou un electrodoméstico ou directamente o enchufe, recibiu unha descarga eléctrica e faleceu ao momento".

O equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Mairena del Aljarafe (Sevilla) fíxose cargo da investigación e estase á espera dos resultados da autopsia.

Desde o Concello de Gelves lamentaron a morte do menor e trasladaron o seu "máis sincero pésame cara aos seus familiares e achegados".

Debido a suceso, suspendeuse a axenda municipal de eventos previstos para os próximos días, entre eles o IV Festival Flamenco, e decretáronse tres días de loito oficial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade