Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máximas por riba dos 30 graos na conca do Miño

Máximas por riba dos 30 graos na conca do Miño

Segue o tempo solleiro tras un mes de abril en que choveu un 32 % menos do habitual en Ourense

Os ríos Limia e Sil inferior están en situación de prealerta pola escaseza de precipitacións

G24.gal 06/05/2022 14:17

Cun 32 % menos de chuvia do habitual nun mes de abril, precedido dun inverno tamén seco, o río Limia vai especialmente baixo nalgúns treitos. Os encoros da conca Miño-Sil están ao 50 % da súa capacidade, e algúns, coma o Salas, aínda 10 puntos por debaixo.

"Porque non choveu. Nin na primavera nin no inverno". "Aínda pode chover, aínda que xa estamos moi altos para que chova", comentan dous veciños de Xinzo.

O río Limia e o Sil inferior están en prealerta polo que a Confederación Hidrográfica denomina escaseza conxuntural. Os valores, explican, están por debaixo da media e aconséllase un uso racional da auga, pero non hai problemas para satisfacer as demandas.

Calor

As previsións máis inmediatas tampouco anuncian chuvia. En Xinzo rozarán hoxe os 25 graos, pero as máximas da provincia, e de Galicia, serán novamente na conca do Miño: 31 graos se agardan hoxe en Ourense e na Arnoia, e 30 en Leiro e Castrelo de Miño.

"Véxoo ben. A min tamén me gusta o frío, pero cada cousa no seu tempo". "O sol é das poucas cousas que quedan gratis, así que hai que aproveitalo: camiñar, que é saúde, tomar o sol...", din dous paseantes.

Iso si, as noites seguen frescas. En Calvos de Randín houbo dous graos baixo cero e en Ourense cidade a oscilación térmica alcanza os 25 graos. Un tempo caloroso e solleiro que continuará durante a fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade