Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os hospitais galegos súmanse desde este luns aos puntos de vacinación do ensaio clínico fronte ao virus sincitial

Os hospitais galegos súmanse desde este luns aos puntos de vacinación do ensaio clínico fronte ao virus sincitial

Habilitaranse un total de trece novos puntos de participación, entre os que se inclúen tamén dous novos ambulatorios

G24.gal 13/12/2025 18:05

A Consellería de Sanidade acordou ampliar aos hospitais galegos o ensaio clínico da vacina fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS) en poboación maior, que ata o de agora estaba desenvolvéndose en centros de saúde. Habilitaranse un total de trece novos puntos de participación, entre os que se inclúen dous novos ambulatorios, que estarán operativos desde este luns.

Segundo informa a Xunta, o obxectivo desta medida é facilitar a participación no estudo Sincigal, ao que están chamados 900.000 galegos maiores de 60 anos, daquelas persoas que non teñen preto ningún dos arredor de 200 centros de saúde que están adheridos ao ensaio clínico.

En concreto, poderán vacinarse sen cita previa nos seguintes hospitais: A Coruña, Virxe da Xunqueira (Cee), Arquitecto Marcide (Ferrol), Lucus Augusti (Lugo), A Mariña, Monforte de Lemos, Ourense, Santiago, Pontevedra, O Salnés e Vigo. Ademais, o Goberno galego suma os ambulatorios de Verín e O Barco. A listaxe actualizada pódese comprobar en www.sincigal.com.

Esta iniciativa da Consellería de Sanidade e da Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) ofrece a posibilidade de vacinarse con Abryso, xa probada polas autoridades para previr o VRS.

Deste xeito, pretende demostrar na práctica a redución de ingresos hospitalarios na poboación galega adulta, despois de acreditar a eficacia da inmunización fronte ao virus en neonatos. Nunha segunda fase, o estudo estenderase a toda a poboación maior de 18 anos.

A Xunta está a enviar SMS para informar do estudo. Ademais, a persoa maior de 60 anos que acuda ás súas citas de vacinación ou en calquera centro de asistencia sanitaria nos puntos asociados ao ensaio clínico recibirá información sobre o estudo Sincigal e ten a posibilidade de decidir, de maneira voluntaria, se quere participar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos