Publicador de contidos

Publicador de contidos

Maridar viño e literatura ou viño e música como agasallo personalizado

Maridar viño e literatura ou viño e música como agasallo personalizado

O local Marida e vencerás ofrece catas personalizadas, musicais canda maridaxes con flores e con xoias

G24.gal 26/12/2022 20:43 Última actualización 26/12/2022 21:22

Hai un espazo arquitectónico da zona vella de Santiago que lembra unha cava ou o interior dun tonel.

Xabi Arbués catalán asentado por amor en Compostela, uniu nel as súas paixóns: maridou viño e literatura no concepto que lle dá nome ao negocio. Que el saiba, non existe outro igual.

Todo empeza cun libro, de fóra ou elixido aquí, como nos conta Xabi, creador de Marida e vencerás.

"Daquela, nós suxerimos un viño que ao noso parecer ten certo vencello ou similitude con ese libro. Acompañamos sempre os paquetes de viño e libro cun texto neno que che explica o porqué desa maridaxe. Ou se se quere a un nivel máis personalizado, no texto explicamos por que ese libro e ese viño funcionan ben coa persoa que vai recibir ese agasallo".

Ten centos de denominacións de aquí a Australia. Os máis demandados son os viños galegos pero a el encántanlle os retos. Boa proba son as súas particulares catas personalizadas.

"Os teus amigos queren agasallarte cunha cata de viños, para vir todos, en base a unha información previa que eles dan, nós vencellámola aos viños que se abren e eses viños, cando se estean probando, estarán describíndoche á vez que os probas".

Á parte das clásicas catas de viños con chocolates ou queixos, tamén propón maridaxes con flores preservadas ou con xoias. Pero ilumínaselle a cara ao falar da máis especial. 

"Facemos unha cata preciosa musicalizada por Abe Rábade cunha composición feita expresamente para cada un dos viños que probamos e que interpreta aquí en directo mentres catamos os viños"

Moitos dos clientes recibiron no seu día unha maridaxe e, agora, son os mesmos que a agasallan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar