O açaí, unha froita de moda que protagoniza as merendas e almorzos que chegan en bol
Merendar e almorzar froita con açaí, unha moda cada vez con máis seguidores
As merendas saudables están collendo forza e cada vez máis locais abren con esa oferta
Nun local da Coruña acabaron as existencias de açaí o primeiro día que abriron
Hai unha nova froita de moda, chámase açaí e, para moitos, é considerada como un superalimento. Ten o tamaño e o aspecto dun arando, crece nunha palmeira de América do Sur e adoita cultivarse, sobre todo, no Brasil.
O açaí está chegando con moita forza aos menús dos restaurantes de almorzos e merendas saudables. Adoita presentarse nun formato tamén innovador e de moda: o bowl.
Na Coruña abriu un local de açaí hai varias semanas, os primeiros días acabaron as existencias. É habitual ver xente na porta esperando para mercar un bowl de froitas con açaí. Non hai esa afluencia de xente todos os días pero, o día que abriu este local da Coruña, acabaron as existencias.
O açaí é similar aos arandos, aquí ofréceno en formato tipo xeado, algo líquido. O açaí é, de cor púrpura, crece nunha palmeira e, para moitos, é un dos chamados superalimentos.
As merendas e almorzos de froitas son unha moda en auxe, aínda que hai quen non sabe exactamente que é o asaí.
En xeral, o de incorporar froita á dieta, sempre é boa idea que, ademais, vemos que gusta.