Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ministerio amplía o prazo de solicitude das bolsas de estudos ata o 30 de maio

O Ministerio amplía o prazo de solicitude das bolsas de estudos ata o 30 de maio

Os estudantes teñen 15 días máis para realizar os trámites

Este é o primeiro ano en que se inclúen as ensinanzas artísticas superiores na convocatoria xeral

Arquivo Arquivo
G24.gal 14/05/2025 09:40

O prazo para solicitar unha bolsa da convocatoria xeral que terminaba este mércores ás tres da tarde amplíase 15 días máis, segundo o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Coa ampliación do prazo, as bolsas pódense solicitar ata o próximo 30 de maio ás 15:00 horas.

O Goberno aprobou o pasado mes de marzo a convocatoria de bolsas para o curso 2025-2026 por un importe de 2.544 millóns de euros, 1.100 millóns máis que o curso pasado, co obxectivo de beneficiar a un millón de estudantes, tanto en ensinos universitarios como non universitarias.

O prazo para solicitar as axudas comezou o pasado 24 de marzo, e por primeira vez inclúe os ensinos artísticos superiores, xa que a nova lei aprobada o ano pasado equipara esta formación coas universitarias.

Esta convocatoria incluía un novo incremento de 200 euros, ata un máximo de 2.700, para bolsas por residencia para o alumnado que se ten que desprazar de domicilio.

Para os estudantes das zonas afectadas pola dina, non se terán en conta no cómputo dos rendementos patrimoniais as subvencións estatais recibidas por este motivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade