Manter hábitos saudables durante todo o ano evita as présas da operación bikini
Cada vez que se achega o verán comezan os esforzos para lucir o mellor posible durante os próximos meses
Expertos en alimentación e estética advirten da importancia de consultar con profesionais
Os hábitos saudables non entenden de datas. A recomendación é adoptalos todo o ano. Se non, logo entran as présas.
Os que queren tomar un atallo poden tentalo con tratamentos de estética. Asegura a responsable dun centro de estética, Lucía Rivas, que "cando chega o verán comeza a agoniarse a xente, pero non hai problema. O primeiro que facemos tanto en facial como en corporal é un diagnóstico".
A opción de ir ao ximnasio ou facer exercicio ao aire libre sempre é axeitada. O ideal é combinalo cunha alimentación saudable.
Chegamos a tempo para a operación bikini? Contesta o nutricionista Noel López que "depende do punto de partida de cada persoa" e que sempre é importante "a supervisión dun profesional".
O verán xa está aí, pero a saúde hai que atendela todo o ano.