Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manín evita a derrota do Arenteiro cunha espectacular chilena no 94

Manín evita a derrota do Arenteiro cunha espectacular chilena no 94

O Tarazona adiantárase cun penalti de Fer Cano a dez minutos do final

G24.gal 01/10/2023 21:51

O Arenteiro empatou en Espiñedo ante o Tarazona (1-1). Un partido gris do cadro galego, sobre todo nun primeiro tempo en que as mellores ocasións foron para os visitantes Cubillas e Areso. 

A segunda parte ía polo mesmo camiño ata que no 80 se adiantou o conxunto aragonés cun penalti transformado por Fer Cano. O 1-1 chegou no minuto 94 e foi espectacular. Manín, cunha chilena, evitou a derrota dos do Carballiño, que suman cinco puntos en seis partidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade