Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova mobilización contra o peche da fábrica que Vestas ten en Viveiro

Nova mobilización contra o peche da fábrica que Vestas ten en Viveiro

Intensifican as mobilizacións despois da ruptura das negociacións.

Convócase na Mariña unha folga xeral comarcal en defensa da industria.

G24.gal 12/11/2021 20:56

Os traballadores da fábrica que Vestas ten en Viveiro continúan a súa loita e hoxe mobilizáronse en Foz. Tras o remate, o pasado luns, do período de consultas do ERE e da ruptura das negociacións, a multinacional ten 15 días para comunicarlles aos traballadores o seu plan de despedimento colectivo.

Din que a solución pasa por vender a factoría evitando o despedimento de 115 traballadores, dándolles unha saída viable a 115 familias.

Agora están pendentes dunha nova mesa industrial e contan xa cun longo calendario de mobilizacións e participarán tamén nunha folga xeral na comarca convocada por UXT, CC OO e a CIG en defensa da industria que terá lugar o vindeiro mércores. 

Fan un chamamento á participación dos comerciantes e de todo tipo de sectores porque din que a situación que agora viven os traballadores de Vestas ou de Alcoa fai que se esgoten os últimos redutos de industria que quedan na Mariña. 

As mobilizacións dos traballadores de Vestas estenderanse nas vindeiras semanas aos principais concellos da comarca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade