Publicador de contidos

Publicador de contidos

Malestar en Quiroga polos continuos cortes de telefonía e de Internet

Malestar en Quiroga polos continuos cortes de telefonía e de Internet

A última interrupción do servizo prolongouse preto de 24 horas

Félix Aragunde 20/06/2022 14:05

Os veciños de Quiroga veñen padecendo continuos cortes no servizo de telefonía e de Internet. O último rexistrouse a semana pasada, coincidindo coas treboadas, e tivo unha duración de case 24 horas. Os usuarios máis afectados foron os negocios da vila.

Debido aos cortes no servizo, multiplicáronse as reclamacións á empresa subministradora. Malia todo, polo de agora as queixas non repercutiron en melloras.

Dende a Administración local, fixeron un chamamento aos veciños para realizar unha protesta e convidáronos a sumarse a unha denuncia colectiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade