Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ares e Cabo saen da Coruña nos postos de perigo da ACT

Ares e Cabo saen da Coruña nos postos de perigo da ACT

Os de Boiro caen ao descenso e os aresáns están no 10.º posto

Na Liga Galega, Samertolameu gaña en Rianxo pero Bueu mantén a primeira posición

Chapela imponse a Cabo na categoría feminina e pasa a ter a camisola de líder

G24.gal 10/07/2022 14:58 Última actualización 10/07/2022 20:22

Desde que se incorporou ao calendario da ACT a Bandeira da Coruña ten un dato curioso. O equipo que gaña alí acaba gañando a liga. Nos anos anteriores lográrono Urdaibai, Orio e Santurtzi. E neste 2022 Urdaibai levou a terceira bandeira da súa historia e quen sabe se comezou a cimentar un novo titulo de Liga.

Para os equipos galegos de momento toca sufrir mergullados nas últimas posicións. Mala fin de semana de Cabo. Só sumou dous puntos e meteuse en postos de descenso. Mellor lle foi a cousa a Ares. Nove puntos en dúas regatas non é un mal botín, pero querían máis.

Primeiro triunfo de Samertolameu na Liga Galega

Na Liga Galega Samertolameu puxo a maquinaria a funcionar en Rianxo e despois de catro segundos postos, á fin chegou a primeira vitoria da temporada. Igualadísima a regata con Bueu decidida no último longo. O segundo posto permítelle a Bueu manter a camisola de líder.

Na categoría feminina sí houbo troco na primeira posición. Chapela impúxose no duelo con Cabo da Cruz á que lle quitou o posto de privilexio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade