Publicador de contidos

Publicador de contidos

Duplícanse as oportunidades para obter a licenza de caza en Galicia

Duplícanse as oportunidades para obter a licenza de caza en Galicia

A Xunta multiplica o número de convocatorias para o exame co obxectivo de favorecer a remuda xeracional

Tamén reduce o prazo de inscrición no exame, que pode facerse cun mínimo de 15 días hábiles antes da proba

G24.gal 03/05/2025 14:07 Última actualización 03/05/2025 19:16

Ata o de agora, había catro convocatorias de exame para obter a licenza de caza que se celebraban o mesmo día nas catro provincias. Agora, hai oito posibilidades porque se realizan en meses distintos.

Nas provincias da Coruña e Ourense son o primeiro luns de febreiro, abril, xuño e setembro e nas de Lugo e Pontevedra, o primeiro luns de marzo, maio, outubro e decembro.

A Consellería de Medio Ambiente y Cambio Climático aprobou unha serie de modificacións á orde que estaba vixente dende 2007, co obxectivo de paliar a falta de remuda xeracional neste eido.

Segundo datos facilitados pola Federación Galega de Caza o número de cazadores en Galicia pasou do 108.000 no ano 1998 aos 33.000 que hai na actualidade.

Redúcese o prazo de inscrición

Os cambios, que entraron en vigor este mes de abril, tamén facilitan a inscrición, que se pode formalizar cun mínimo de 15 días hábiles de antelación á data do exame. As solicitudes poden presentarse, preferiblemente, por vía telemática.

Para obter a licenza de caza é imprescindible superar un psicotécnico, un exame de armas na Garda Civil e unha proba en Medio Ambiente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade