Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Salón do Automóbil de Ourense pecha a venda de máis dun cento de coches

O Salón do Automóbil de Ourense pecha a venda de máis dun cento de coches

Os prezos oscilan entre 9.000 e 130.000 euros

No salón expóñense 350 coches
G24.gal 23/10/2022 14:37 Última actualización 23/10/2022 14:54

O Salón do Automóbil de Ourense clausúrase logo de catro días de actividade. A cita supón todo un revulsivo para o sector, nun ano frouxo de vendas. 

O abano de prezos vai dende os 9.000 ata os 130.000 euros. O modelo máis caro custa 127.000 e atrapa a atención dos asistentes en canto senten ruxir o motor.

"É un M3. 540 cabalos, tracción ás 4 rodas... Unha gozada", explica César Fernández, de BMW.

Da outra banda, os modelos de ocasión, seminovos e quilómetros cero que empregan como reclamos desde os prezos rebaixados á entrega inmediata.

"Os prazos de espera nalgúns vehículos son longos, catro, cinco, seis meses... E moita xente prefire entrega inmediata", explica Perfecto Babarro, asesor comercial de Toyota.

Os motores híbridos e os eléctricos van gañando mercado, pero os prezos seguen a ser disuasorios.

"Os prezos son un pouco caros, pero aínda acabamos de entrar. A ver se atopamos algo", comenta unha clienta.

"Hai que agardar a que haxa máis puntos de recarga, que baixen algo os prezos e que estea mellor a economía", di outra.

Nos tres primeiros días de feira xa despacharon máis dun cento de vehículos, un bo balance tendo en conta que non foi un bo ano para o sector.

"O sector está nun momento complicado. Levamos con caída de vendas todo o ano, mes a mes empeoran os datos do ano anterior. Inflúe o estado de ánimo do consumidor, a inflación, os prezos dos coches, que subiron un pouco", subliña César Fernández, vicepresidente de ACAUTO.

En xogo, un cheque de 6.000 euros para sortear entre os que pechen algunha compra no salón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade