Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de cincuenta incendios obrigan a evacuar case dez mil persoas en Grecia

Máis de cincuenta incendios obrigan a evacuar case dez mil persoas en Grecia

Seis bombeiros feridos nun dos incendios 

O lume pode verse desde calquera punto da capital grega
G24.gal 26/07/2025 21:13

Grecia loita esta fin de semana contra sete grandes incendios e máis de 50 de menor entidade. O lume deixou tras de si, ata o momento, seis bombeiros feridos e case dez mil persoas evacuadas.

En Grecia rexistraron un novo lume cada dez minutos

Os fortes ventos e as temperaturas superiores aos corenta graos favorecen o avance das lapas, que xa queimaron algunhas casas preto de Atenas. O lume, e sobre todo o fume, pódense ver desde calquera punto da capital grega. Noutro incendio, na localidade de Pissonas, a 50 quilómetros de Atenas, seis bombeiros resultaron feridos, un deles con queimaduras.Os bombeiros gregos din que este sábado rexistraron un novo lume cada dez minutos. Os ventos e as altas temperaturas persistirán en Grecia polo menos ata o próximo luns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade