Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 650 sanitarios especializados toman posesión das súas prazas como residentes nos hospitais galegos

Máis de 650 sanitarios especializados toman posesión das súas prazas como residentes nos hospitais galegos

O primeiro día é o momento de elixir as batas e a roupa de traballo para os vindeiros catro anos

Novos especialistas en farmacia, psicoloxía, bioloxía, enfermería ou medicina familiar xa están operativos

G24.gal 05/06/2025 13:42

Hoxe é día de estrea laboral para milleiros de sanitarios especialistas en toda España. En Galicia máis de seiscentos cincuenta médicos internos residentes, mir, tomaron posesión das súas prazas. Máis de cen ocupan xa as súas especialidades de bioloxía, farmacia, psicoloxía, enfermería ou médicos especialistas, no Hospital Clínico Universitario de Santiago.

É o momento de dar a medida, literal, en moitos hospitais de España. Máis de dez mil especialistas sanitarios, internos residentes, mir, toman posesión das prazas. Antes de nada, deben probar a que será a súa roupa de traballo os vindeiros catro anos.

Nos hospitais galegos hai que estampar nas batas os nomes dos máis de seiscentos cincuenta sanitarios especializados que comezan xa a súa actividade profesional supervisada. Carmen e María son xa, oficialmente, as doutoras Fernández e Tarín, xinecólogas no Clínico de Santiago. Acompañámolas á sala de partos, alí son recibidas polas profesionais que as acompañarán durante a súa estadía profesional. Pero tamén as recibe Albert, que dentro dun mes acaba a súa actividade profesional supervisada como residente. 

Percibimos moitos nervios, ilusión, certa preocupación pola responsabilidade que exercerán desde xa os biólogos, psicólogos, farmacéuticos, médicos especialistas, enfermeiros, que cambian, desde xa, os libros polos casos reais de pacientes. Vemos, ademais de moita excitación entre os que chegan, sorrisos. Moitos sorrisos, que, ás veces, tamén axudan a curar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade