Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 400 vehículos de ocasión saen á venda no Caroutlet de Lugo

Máis de 400 vehículos de ocasión saen á venda no Caroutlet de Lugo

Celébrase no Pazo de Congresos durante toda a fin de semana

As vendas van a un ritmo similar ás de edicións previas á pandemia

G24.gal 12/11/2022 20:09 Última actualización 12/11/2022 20:51

Dende vehículos de alta gama e prezo elevado a todoterreos, furgonetas pequenas ou coches con moita quilometraxe e a prezos reducidos. A oferta de automóbiles nesta edición do Caroutlet de Lugo volve ser abondo ampla e variada e especialmente para quen busca vehículos de venda inmediata e fiabilidade demostrada.

Os asistentes poden coñecer as características dos máis de 400 vehículos que se poñen á venda tanto de xeito presencial coma a través da plataforma en Internet da feira. Pero todos sinalan que é preciso ver, tocar e mesmo escoitar os coches. Tamén coinciden en que este ano se detecta unha suba de prezos.

Nesta edición tamén hai un espazo destinado ás motocicletas de gran cilindrada.

Calcúlase que máis de 5.000 persoas van pasar polo recinto feiral nestes días e que o número de vehículos vendidos vai superar as 80 unidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos