Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis da metade dos tratamentos estéticos realízanos profesionais non cualificados

Máis da metade dos tratamentos estéticos realízanos profesionais non cualificados

Só os médicos poden exercer a medicina estética

En España o 205 das intervencións realízanse en centros de estética, salóns de peiteados e mesmo en domicilios privados

Selo que outorga sanidade aos centros homologados para practicar medicina estética
G24.gal 06/02/2025 16:10 Última actualización 06/02/2025 16:45

Os retoques estéticos están de moda e as redes sociais son as que máis alimentan este culto ao corpo, sobre todo entre a mocidade. 

"Cada vez está máis nas mentes facer retoques estéticos", comenta unha rapaza nova.

"E nos asusta moitísimo, o certo é que si, ten que haber unha regulamentación porque non vale, ademais é que o paciente faille máis caso ao 'influencer' que ao médico", apunta Ana López Dosío, presidenta da Asociación Galega de Medicina Estética.

En medicina estética non todo vale. É importante saber a que mans nos encomendamos

 "Eu creo que é o máis importante mirar o sitio e informarte ben de quen te vai operar", continúa a moza.

E este distintivo, o U.48 que outorga sanidade, é a maior garantía.

"O paciente e a poboación en xeral teñen que saber que o centro ao que vas, se non ten a U.48 posiblemente os produtos que estea mercando non sexan legais", explica a doutora.

O 65 % dos procedementos estéticos que se fan en España realízanse por profesionais non cualificados e nos lugares máis insospeitados.

"Pican en canto entras pola porta. Queres beizos, eu pínchote... Sen un estudo, sen un diagnóstico, fan que a medicina estética estea como un pouco frivolizada e banalizada, e no é certo porque xogamos coas caras das persoas", alerta Ana López.

Este intrusismo ten consecuencias. 

 "O que estamos vendo é que aparecen moitos efectos indesexables, edemas e demais, demasiados para o que cunha boa praxe non debería aparecer tanto. Entón despois de que che pase algo, claro, temos que ser nós os que arranxemos as desfeitas", conclúe a presidenta de ASMEGA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade