Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno busca poñer límite á sobreexposición dos menores nas redes

O Goberno busca poñer límite á sobreexposición dos menores nas redes

O problema pode aparecer cando dende ben pequenos vén exposta a súa intimidade nas redes sociais por parte dos seus pais

O Ministerio de Xuventude e Infancia xa traballa para controlar esa sobreexposición infantil, coñecida como sharenting

G24.gal 28/10/2025 14:25

Antes de aprender a escribir o seu nome, moitos menores xa son famosos nas redes. Fan vídeos propios xogando ou saen nos dos seus pais con frecuencia, e nalgúns casos son fonte de ingresos para a familia. Esa sobreexposición dos nenos e nenas por parte dos pais é o que se coñece como sharenting. Unha realidade que trata de regular agora o Ministerio de Infancia e Xuventude polas consecuencias que pode ter.

Máis do 50 % dos proxenitores comparte información potencialmente vergoñenta para os fillos. E os expertos advirten de que ás veces eses vídeos poden acabar en bullying. Xa antes de nacer aparecen na redes. Máis do 80 % dos bebés teñen presenza en Internet antes dos seis meses. O 72 % dos agresores sexuais tiñan imaxes cotiás de menores que localizan nas redes.

Poñer límites é tarefa complicada, polo que o ministerio convocou unha reunión con expertos en distintas áreas para abordar o problema.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade