Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan en condicións precarias en Sober unha muller e o seu fillo cunha orde de busca en Alemaña

Atopan en condicións precarias en Sober unha muller e o seu fillo cunha orde de busca en Alemaña

A Garda Civil descubriu que vivían nunha tenda de campaña oculta no monte, a unha temperatura de cero graos

Por orde de Fiscalía, trasladaron temporalmente o menor a un centro concertado de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia

G24.gal 24/12/2025 11:42

A Garda Civil localizou en Sober unha súbdita alemá de 28 anos de idade e o seu fillo, menor de idade, que tiñan en vigor unha sinalización de busca e localización dimanante de Alemaña.

O pasado mes de setembro tívose coñecemento da existencia dunha furgoneta estacionada durante varios días nunha pista forestal situada na parroquia soberina de Bolmente, o vehículo carecía de placas de matrícula e co teito cuberto cunha rede mimetizada de camuflaxe, coa suposta finalidade de eludir tanto a súa localización por vía aérea como dificultar a identidade do seu propietario.

Tras a súa localización, os axentes investigadores realizaron diversas xestións para identificar e localizar as persoas que facían uso do vehículo. No marco das investigacións observouse como o vehículo foi cambiando de localización, utilizando sempre pistas forestais pouco transitadas, ata que, a finais do pasado mes, grazas á colaboración cidadá, puido constatarse a existencia nas inmediacións dunha muller cun menor, que podería estar relacionada coa furgoneta en cuestión.

En días sucesivos tívose coñecemento da existencia dunha pequena columna de fume próxima a unhas devasas, e a uns 800 metros da zona onde se atopaba estacionado o furgón. Acto seguido activouse un dispositivo de procura para identificar as persoas que supostamente se atopan no lugar, observando na mañá do pasado luns unha tenda de campaña situada entre a masa forestal e cuberta cunha rede mimetizada de camuflaxe, da cal saía unha columna de fume, atopando os axentes unha muller e un menor de idade.

Os axentes procederon á identificación de ambas as persoas, manifestando a muller que é súbdita alemá, que é a propietaria do furgón e que residían nesa tenda de campaña desde fai aproximadamente cinco meses. No momento da súa localización había unha temperatura ambiental de 0 graos e os investigadores observaron as condicións infrahumanas e precarias en que vivían, con risco evidente para os mesmos, especialmente para o menor.

Ao menor de idade cónstalle unha sinalización internacional dimanante do seu país de orixe, no que se debe adoptar, en caso de ser localizado, as medidas de protección do menor e poñelo á disposición das autoridades competentes que poidan decretar e poñelo baixo custodia provisional coa finalidade de impedir que continúe ningunha viaxe.

Ambos foron trasladados ao hospital comarcal de Monforte de Lemos para a valoración do seu estado de saúde, poñéndose en coñecemento esta actuación de Menores da Xunta de Galicia e Fiscalía de Menores, procedendo por orde de fiscalía ao traslado temporal do menor a un centro concertado de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia denominada Casa de Familia Arela de Monforte de Lemos, e os servizos sociais do Concello de Sober xestionaron un aloxamento temporal á persoa maior de idade, quedando por determinar o que as autoridades xudiciais estimen oportuno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade