Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pide axuda para recuperar o óboe que lle roubaron porque é a súa ferramenta de traballo

Pide axuda para recuperar o óboe que lle roubaron porque é a súa ferramenta de traballo

O instrumento está valorado nuns 15.000 euros

O óboe é un Marigaux, modelo 901P, con número de serie 41363
G24.gal 24/12/2025 10:35

Lara González e música e directora de varias bandas de música. Na fin de semana mentres parou para comer en Teixeiro, roubáronlle o óboe e outras pertenzas do coche. Escacharon unha fiestra e leváronlle unha maleta e unha mochila onde tiña o instrumento, dous iPads e outras ferramentas de traballo, ademais de cartos en efectivo. Ía camiño de Asturias para pasar o Nadal coa familia e tamén tiña algunha actuación. 

Lara, ademais de dirixir varias bandas de música, toca nunha orquestra sinfónica e imparte clases de óboe, polo que a perda, ademais do valor económico (o que lle subtraeron custa uns 15.000 euros), suponlle un grave prexuízo no eido profesional.

Malia que presentou denuncia na Garda Civil, Lara pide colaboración cidadá por se intentaran vendelo. O instrumento ten un número de serie e pode identificarse perfectamente. É un Marigaux, modelo 901P con número de serie 41363.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade