Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban centos de soportes de oliveiras nunha plantación de Monforte

Rouban centos de soportes de oliveiras nunha plantación de Monforte

As estacas subtraídas pertencen á asociación PRODEME, dedicada á integración laboral de persoas con discapacidade intelectual

A raíz dos roubos instaláronse cámaras de videovixilancia na plantación
Félix Aragunde. Imaxe: Jorge Pereira. 18/12/2025 13:35

Ata en dúas ocasións roubaron en Monforte os soportes das oliveiras nunha nova plantación de 26 hectáreas pertencente á asociación PRODEME de axuda a persoas con discapacidade intelectual. De cada vez levaron máis dun cento de estacas, que tiveron que ser repostas.

"Estamos plantando distintas variedades de oliveiras. Son unhas 7.000 plantas, e notamos que nas últimas fins de semana veñen desaparecendo sobre 120 estacas. A nós preocúpanos que se teña por norma ir as fins de semana ás terras de PRODEME a cargar o vehículo con estacas", Julio Cortiñas, xerente de PRODEME

Os soportes das oliveiras son importados e valen máis que as propias árbores. Cada un ten un custo de cinco euros, polo que a contía do roubado ascende xa aos 1.200 euros. Para evitar novas subtraccións, dende PRODEME tiveron que instalar cámaras.

"E despois o traballo de telas e chantalas no terreo. O custo, que pode ser duns 600 euros por cada visita que nos fan pola noite, alármanos, porque o están repetindo. Plantamos algunha xa dúas veces e volvéronnola levantar. Co volume que teñen, o vehículo co que as levan ten que ser tipo furgón, non calquera turismo", engade Cortiñas.

Os sucesivos roubos das estacas, que están a ser investigados pola policía, sempre se producen en xornadas de caza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade