Publicador de contidos

Publicador de contidos

En decembro e xaneiro concéntranse o 20 % dos incendios en vivendas

En decembro e xaneiro concéntranse o 20 % dos incendios en vivendas

 Hai causas estruturais relacionadas coa denominada pobreza enerxética, pero tamén hai precaucións que podemos tomar para evitar que prenda o lume

G24.gal 18/12/2025 14:33

Cando pasa o lume e o seu efecto devastador, bombeiros e Policía Científica estudan as causas. E atopan patróns.

Moitos incendios aparecen en casas de aldea, con estrutura de madeira, que axuda a propagar as lapas.

Na orixe pode haber unha instalación eléctrica deficiente ou sobrecargada.

Os adornos de nadal foron a causa do lume que hai dez días deixou unha persoa morta e cinco intoxicadas en Palas de Rei. Hai que ver que estean homologados e, sobre todo, apagados cando non estamos na casa. Hai que estar atentos, en xeral  aos aparatos eléctricos, pero non só.

"Este ano levamos tres vítimas e temos que ter moito coidado. Temos moitos incendios relacionados cos sistemas de calefacción, caldeiras, braseiros, chemineas... Tamén co feito de facer a comida, na campá extractora, que despois se estenden", advirte Marcos Araújo, o Xerente da Axencia Galega de Emerxencias.

Facer mantemento e limpeza de chemineas e campás é outra das recomendacións. E tamén vixiar as ventilacións para evitar intoxicacións por monóxido de carbono, nestes meses que concentran case unha cuarta parte dos incendios en núcleos urbanos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade