As balizas homologadas pola DXT son o agasallo estrela este Nadal
Como a partir do 1 de xaneiro do 2026 son obrigatorias, moitos escollen este presente de Papá Noel
E se aínda non lle pediron agasallo a Papá Noel, saiban que un dos regalos estrela este Nadal é a baliza V16, obrigatoria a partir do ano entrante. Na rúa hai debate sobe a cara que un poñería se lle regalan unha... baliza.
Nunha tenda de Ourense, Papá Noel mercou tantas balizas V16 que quedaron sen elas.
"A baliza V16 homologada pola DXT parece ser o agasallo estrela deste Nadal, Papá Noel vai cargado delas, esgotámolas porque a xente viña preguntando por elas e estou pendente de que me chegue o pedido de máis balizas".
Buscamos noutros establecementos. Non dan feito a vender as luces de emerxencia que a partir do novo ano serán obrigatorias.
"Incluso como presente de amigo invisible, hai xente que ten na casa ata tres coches e levan tres, catro e cinco, as que lle cadran, mesmo para repartir para a familia".
Envolven en papel de agasallo ata de dúas en dúas. Un cliente que acaba de mercar unha para agasallar di que como dende o 1 de xaneiro todos os vehículos deben levar unha é unha boa idea, quedan moi contentos, son 40 euros que se aforran.
Haberá algún que vai levar unha desilusión ao abrir este agasallo, pero a maioría na rúa pensan que é un presente útil.
Parece que esta Noiteboa, na maioría das árbores de Nadal vai lucir, apagada, unha baliza homologada pola DXT.