Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Torre Eiffel tamén brilla en Cuntis

A Torre Eiffel tamén brilla en Cuntis

Mide 17 metros e medio, está construída en madeira e iluminada con 50 focos

Está á venda por Wallapop por 30.000 euros

Torre Eiffel en Cuntis
G24.gal 30/12/2025 10:35

A ilusión do Nadal parece non ter límites, e así é fácil sentilo coa Torre Eiffel de Cuntis, de 17 metros e medio construída en madeira, iluminada con 50 focos, coma se quixese transcender o mundo.

Javier Loureiro recíbenos na súa casa de Soutelo, consentindo todo tipo de detalles: "Nós aquí levabamos seis anos decorando todo con luces, pero a torre foi o desencadeante" de traer consigo "miles de persoas, veu xente de Vigo, de Ribeira, dos arredores de Valga, Caldas, Moaña, Campo Lameiro".

A obra rematará cando chegue a medir 21 metros, e aínda que quixera que queda en Cuntis, xa a puxo a venda vía Wallapop por 30.000 euros e disposto a ir onde haxa que montala.

"Eu son o único no mundo que entra na miña casa e pasa por baixo da Torre Eiffel. Deixo a cancela aberta porque quero que a vexan por debaixo, porque por debaixo as fotos que podes facer son moi bonitas", relata o creador.

Así, entre luces, madeira e ilusión, a Eiffel galega adorna o Nadal de Cuntis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade