As redes sociais convertidas en ferramenta de traballo das axencias inmobiliarias
Nas operacións evítanse os intermediarios e péchanse case sen publicidade
As redes sociais son ferramenta de traballo para o sector inmobiliario. Aseguran que é en TikTok onde maior conversa se xera.
"Agora xa non é só dirixido a propietarios senón tamén a inquilinos e compradores. É dicir, anunciamos todo. Aquí tedes todo o que nos vai entrando e xa van os propietarios chamando dicindo pois mira eu tamén quero vender ou eu teño para alugar como podo facer", explica Mar Laya, axente inmobiliaria de LC inmobiliaria.
Un grande escaparate que permite evitar intermediarios. As operacións péchanse case sen publicidade.
"No momento en que estou, por exemplo, neste que estaba na praia de Oza e lle deu ao video a compartir, se non llo mando antes ao meu compañeiro, xa non lle paga a pena pubicalo en Idealista ou Fotocasa. Como é todo tan rápido, publícase e empeza a escribirte xente que o queren ver xa. Todo ten que ser xa e ao mellor ao día seguinte xa non está", engade.
Unha dinámica que tamén responde ao momento actual do mercado inmobiliario. "O problema hoxe en día é que non hai oferta", conclúe.
Oferta escasa fronte unha forte demanda. Nesta inmobiliaria mesmo reciben peticións desde o estranxeiro, vía redes sociais, para mercar vivenda en Galicia.