Publicador de contidos

Publicador de contidos

Magnuss Cort Nelsen, primeiro gañador do Gran Camiño

Magnuss Cort Nelsen, primeiro gañador do Gran Camiño

O pelotón percorrerá mañá a provincia da Coruña. 177 quilómetros entre Bertamiráns e o miradoiro do Ézaro

G24.gal 24/02/2022 15:22

Arrancou O Gran Camiño. A volta por etapas de ciclismo profesional que recupera Galicia. Un evento con vocación de futuro. 

Primeira etapa: O Porriño-Vigo. Etapa decidida ao esprinte como se prevía. Etapa de 116 quilómetros con final no centro de Vigo, en que se proclamou vencedor o gran favorito: Magnuss Cort Nelsen.

O corredor de EF Education EasyPost, que gañara, por exemplo, a etapa con final en Monforte na Volta a España, foi finalmente o primeiro gañador do Gran Camiño logo dun final a esprinte vibrante en Vigo.

O pelotón percorrerá mañá a provincia da Coruña. 177 quilómetros entre Bertamiráns e o miradoiro do Ézaro.

O moañés Delio Fernández foi 10º nesta primeira etapa:

"Os tres galegos do Tavira agradecemos os ánimos do público. Para nós é moi importante correr en Galicia. É unha motivación especial"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar