Publicador de contidos

Publicador de contidos

O luns borralleiro de Laza vívese coas rúas ateigadas case como antes da pandemia

O luns borralleiro de Laza vívese coas rúas ateigadas case como antes da pandemia

Moitísimas ganas atrasadas de Entroido en locais e visitantes 

G24.gal 28/02/2022 22:18

Día grande do Entroido de Laza: logo de dous anos de paréntese pola pandemia, neste luns borralleiro volveu a Farrapada, a baixada da Morena, e os ataques de formigas e fariña. A praza da Picota volveu quedar pequena como nos anos prepandemia para acoller a todos os que quixeron asistir esta tarde en Laza á baixada da Morena.

Non houbo cachucha pero si mozos esparexendo formigas entre os asistentes, ben pertrechados como corresponde a este luns borralleiro de impermeable a capucha para que non quede nin un cacho de pel sen tapar e protexer, pola tarde das formigas.

Pero xa de mañá, tamén había que protexerse dos farrapos enlamados que lle dan nome ao día grande nesta pequena vila ourensá do triángulo máxico, na que o entroido se vive este ano con moitísimas máis ganas tras dous anos sen poder celebrar as súas tradicións, únicas no calendario festivo.

Din os de Laza que o Entroido hai que vivilo, hai que sentilo e aquí mellor e máis auténtico ca en ningures. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar