Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luis Fonsi e Diego el Cigala únense ao ciclo Son do Nordés na Coruña

Luis Fonsi e Diego el Cigala únense ao ciclo Son do Nordés na Coruña

O cartel complétase con catro grandes citas musicais en xullo

Il Divo e Albano e Romina completan a programación 

G24.gal 06/05/2025 15:41

O ciclo de concertos Son do Nordés pecha o cartel da súa primeira edición coa incorporación de Luis Fonsi e Diego el Cigala, que se suman a catro xornadas de actuacións no auditorio do parque de Santa Margarida, na Coruña, durante o mes de xullo.

Segundo informou o Goberno local, estes dous artistas únense a Il Divo e a Albano e Romina.

As entradas dos concertos xa están á venda a través da web www.sondonordes.com, en Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense.

Luis Fonsi volverá a España este verán despois da súa xira do 25 aniversario, coa que xa enchera a praza de María Pita no verán de 2022.

O artista presentará un espectáculo "único, acompañado dos seus grandes éxitos".

Diego el Cigala, pola súa banda, celebrará o 20 aniversario do lanzamento de Lágrimas Negras, o disco que gravou xunto ao pianista Bebo Valdés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade