Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luis Enrique admite que reflexionaron e que especular "non é bo"

Luis Enrique admite que reflexionaron e que especular "non é bo"

Sobre Xapón: "Son moi dinámicos, moi rápidos e moi pesados. Non nos van deixar pensar"

Foto EFE
G24.gal 30/11/2022 15:17 Última actualización 30/11/2022 15:26

Luis Enrique, seleccionador español, asegurou na previa do partido ante Xapón que España non especulará en ningún caso coa clasificación do grupo E do Mundial.

"Nós tamén nos preguntamos iso", admitiu o seleccionador cando se lle preguntou pola posibilidade de xogar co resultado ante Xapón e de influír así na clasificación final do grupo, que segue aberto, xa que as catro selecciones en liza poden pasar a oitavos ou quedar eliminadas

"Pero que pasa se ti dis, 'vale, interésame ser segundo', e estás empatado a cero, e no outro partido tamén, e logo no minuto 95 marca Xapón e tamén marca Costa Rica. Quedas eliminado nos últimos 15 segundos por especular durante 90 minutos", dixo.

"Cando estás convencido do teu equipo, non se trata de quedar segundos, queremos quedar primeiros. Se nos toca o segundo do grupo F, perfecto. Se en cuartos nos toca outro, o que sexa, Brasil, por exemplo, pois perfecto tamén. Nós non podemos facer as contas da leiteira, e, se de algo peca esta selección, é de ter fe".

Luis Enrique puxo mesmo un exemplo concreto, o de Croacia no pasado Eurobasket, cando a selección balcánica perdeu para cruzarse con España, que finalmente a superou:

"Houbo unha selección que perdeu adrede para xogar contra España en cuartos, e acabou eliminada. O deporte de alto nivel non sabe de especulacións".

O seleccionador eloxiou os xogadores da selección xaponesa, "son moi rápidos, dinámicos e moi pesados", con "sete ou oito xogadores que estiveron nos Xogos Olímpicos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar