Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luis de la Fuente toma o mando da selección española ata a Eurocopa de 2024

Luis de la Fuente toma o mando da selección española ata a Eurocopa de 2024

"Había que comezar un proxecto novo liderado por Luis de la Fuente. Non hai nada máis. A decisión non se tomou nin polos 'streams' nin pola bicicleta nin nada", declara Rubiales

G24.gal 12/12/2022 12:52 Última actualización 12/12/2022 13:08

A Federación Española de Fútbol presentou no escenario dos grandes eventos da Cidade de Fútbol das Rozas, no salón Luís Aragonés, a Luis de la Fuente como novo seleccionador. Despois da decepción no Mundial de Qatar 2022 e o adeus de Luis Enrique, empeza unha nova etapa para a vermella.

De la Fuente sucede a Luis Enrique despois dos catro anos que estivo o asturiano á fronte da Vermella con ganas de dar un novo impulso á vermella tras a eliminación en oitavos da presente edición da Copa do Mundo.

A Selección volverá aos terreos de xogo o próximo mes de marzo coa disputa dos primeiros encontros da fase de clasificación para a Eurocopa 2024 que se celebrará en Alemaña. Nesa ventá, España enfrontarase en casa a Noruega e a Escocia a domicilio.

"Había que comezar un proxecto novo liderado por Luís de la Fuente. Non hai nada máis. A decisión non se tomou nin polos streams nin pola bicicleta nin nada", declarou Luis Rubiales.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade