Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lucas Pérez cre que non lles quedarán anos para liquidar a débeda coa afección

Lucas Pérez cre que non lles quedarán anos para liquidar a débeda coa afección

O coruñés entendeu o enfado dos seareiros tras a derrota no último partido fóra contra a Cultural Leonesa

Foto @RCDeportivo
G24.gal 30/03/2023 12:03 Última actualización 30/03/2023 13:23

Lucas Pérez manifestouse agradecido e emocionado polo trato da afección ao seu equipo: 

"A débeda do Deportivo coa súa afección é tan grande que non sei se nos quedarán suficientes anos de vida como para liquidala. Temos que traballar como o estamos facendo e devolverlle o agarimo que nos dan, tantos esforzos, e dar unha boa imaxe e que estean orgullosos das vitorias que se poidan dar. E ao final da tempada poder gozar do ascenso", sinalou antes do adestramento deste xoves.

Neste sentido, o dianteiro entendeu o enfado da inchada tras a derrota no último partido fóra contra a Cultural Leonesa, onde as críticas centráronse no adestrador, Óscar Cano: 

"A afección é normal que reaccione así, porque ten moita ilusión, esgota as entradas e é normal a frustración que manifestan. Só podemos pedir perdón, porque hai partidos en que non estamos á altura, pero aquí estamos todos no mesmo barco", apuntou.

Lucas Pérez recoñeceu que a domicilio o Deportivo segue sen dar o rendemento de Riazor, pero chamou a insistir no traballo que el e os seus compañeiros están a levar a cabo:

"O único é mellorar, porque depende de nós mesmos. Non depende de ninguén máis. Fóra hai que demostrar que queremos gañar este partido e todos. É a mentalidade que temos que ter".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade