Publicador de contidos

Publicador de contidos

Loito en Almería polo asasinato machista dunha muller de 50 anos

Loito en Almería polo asasinato machista dunha muller de 50 anos

Un dos fillos atopou o cadáver este venres

O agresor recoñeceu o crime diante da Garda Civil

Concentración en Almería en contra do crime machista
G24.gal 28/05/2022 20:27 Última actualización 28/05/2022 20:55

A localidade de Tíjola, en Almería, garda loito esta fin de semana polo asasinato machista da súa veciña Maite. O marido confesou o crime e entregouse á Garda Civil a 70 quilómetros do domicilio.

Cinco minutos de silencio e repulsa contra un crime machista que acabou coa vida desta muller de 50 anos, empregada pública e con dous fillos. Un deles atopou o cadáver ao volver ao domicilio familiar este venres pola tarde.

O alcalde de Tíjola, José Juan Martínez, insistiu en que é fundamental a unión contra a violencia machista.

"Este feito desprezable vén demostrar que a violencia de xénero non é un número nin unha estatística. Hoxe a vila de Tíjola viuno desde moi cerca. Se queremos unha democracia real e moderna todas as administracións que estamos aquí debemos traballar de forma conxunta para acabar con esta eiva".

A investigación continúa aberta para determinar como e cando se produciu a agresión, á espera dos resultados da autopsia. No que vai de ano morreron 16 mulleres por violencia machista en España. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade