Cargando resultados...
Veciños de Aldán decláranlle a guerra ás verteduras
A zona tiña ata agora unha das calidades da auga mellores de Galicia
G24.gal
09/06/2023 14:32
As augas fecais acaban no río Orxas no centro de Aldán cando chove moito. O problema é que non quedan alí. Acaban nos mellores areais desta ría. Unhas augas cunha calidade óptima onde se recolle marisco que non precisa pasar pola depuradora e que se pode comer mesmo cru.
Os veciños queren evitar que isto siga ocorrendo e montaron grupos de rastrexo e de denuncia. Están convencidos de que Cangas precisa novas infraestruturas de saneamento para dar servizo a unha poboación crecente e ao incipiente turismo de luxo que xa ten a vila.
As verteduras prodúcense nos puntos de bombeo do saneamento e débense á antigüidade das instalacións.